Catálogo filmes CNR

VOY A PASÁRMELO BIEN

DIRECCIÓN:

David Serrano

REPARTO:

Raúl Arévalo, Karla Souza, Izan Fernández, Renata Hermida Richards, Dani Rovira e Raúl Jiménez

DURACIÓN:

108′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2022

XÉNERO:

Comedia – Musical

IDADE:

Maiores de 7 anos

SINOPSE:

Valladolid, 1989. David e Layla acaban de comezar Octavo de E.G.B. e a ambos encántalles o grupo “Hombres G”. Tamén se gustan moito entre eles, pero como a David lle aconsellan tan mal os seus amigos, todas as cousas que fai para conquistala rematan sempre sendo un fracaso. A pesares de todo, os dous fanse inseparables e sempre o están pasando ben. Moi ben.

Valladolid. Pouco máis de trinta anos despois. David e Layla non se volveron ver dende finais dos oitenta, pero nunca esqueceron o un ó outro. Layla é directora de cine e gañou un Oscar. A vida de David, en cambio, foi máis normal sen fama nin premios. Cando Layla volve á cidade para recibir unha homenaxe, ambos pasarán xuntos unha semana na que se dan conta de que os nenos que foran non desapareceron de todo.

TRAILER: