Catálogo filmes CNR
LILO, MI AMIGO EL COCODRILO
DIRECCIÓN:
Will Speck e Josh Gordon
REPARTO:
Javier Bardem, Constance Wu, Scott McNairy e Winslow Fegey
DURACIÓN:
106′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2022
XÉNERO:
Comedia – Musical
IDADE:
Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
Cando a familia Primm muda a Nova York, o seu fillo adolescente Josh loita por adaptarse á súa nova escola e novos amigos. Todo iso cambia cando descobre a Lilo –un crocodilo cantante a quen lle gusta darse baños, o caviar e a boa música– vivindo no ático da súa nova casa. Os dous convértense en mellores amigos, pero cando a existencia de Lilo vese ameazada polo seu malvado veciño Mr. Grumps, os Primm deberán aliarse co carismático dono de Lilo, Hector P. Valenti, para mostrar ao mundo que a familia pode xurdir dos lugares máis inesperados e que non hai nada malo cun gran crocodilo cantante cunha personalidade aínda maior.
Baseada na serie de libros súper vendas de Bernard Waber, Lilo, Mi amigo el cocodrilo, é unha comedia musical mestura de acción real e animación por ordenador que traerá ás audiencias de todo o mundo a este adorable personaxe.
Lilo, mi amigo el cocodrilo conta con cancións orixinais interpretadas por Shawn Mendes.