Soy Leyenda
XÉNERO:
Ciencia Ficción
IDADE:
Maiores de 13 anos
SINOPSE:
Ano 2012. Robert Neville (Will Smith) é o último home vivo que hai sobre a Terra, pero non está só. Os demais seres humanos convertéronse en vampiros e todos ansían beber o seu sangue. Durante o día vive en estado de alerta, como un cazador, e busca aos mortos viventes mentres dormen; pero durante a noite debe esconderse deles e esperar o amencer. Este pesadelo empezou fai tres anos: Neville era un brillante científico, pero non puido impedir a expansión dun terrible virus creado polo home. El sobreviviu porque é inmune ao virus; todos os días envía mensaxes por radio coa esperanza de que haxa outros sobreviventes, pero é inútil. O único que pode facer é buscar unha fórmula que lle permita utilizar o seu sangue inmune para devolverlles aos homes a súa natureza. Pero está en inferioridade de condicións e o tempo acábase.