LA TIENDA DE LOS HORRORES
DIRECCIÓN:
Frank Oz
REPARTO:
Rick Moranis, Ellen Greene, Steve Martin, James Belushi, Vincent Gardenia, John Candy
DURACIÓN:
94′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
1987
XÉNERO:
Comedia – Musical
IDADE:
Todos os públicos
SINOPSE:
Seymour, un mozo dependente dunha florería, está namorado da súa compañeira Audrie, pero ela sae cun sádico dentista. Un día, xusto despois dunha estraña eclipse, Seymour compra unha pequena planta, á que bautiza como Audrie II. A planta comezará a moverse e mesmo a falar con Seymour, de forma que se converte nunha atracción para a cidade. O que ninguén sabe é que se trata dun ser abominable que se alimenta de sangue humano.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Saturn: Mellor Música
Premios BAFTA: Nomeada a mellores Efectos Especiais Visuais
Globos de Oro: Nomeada a mellor Película e B.S.O.
Premios Oscar: Nomeada a mellor Canción (Mean Green Mother From Outer Space) e Efectos Visuais