Pérez, o ratiño dos teus sonos

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Todos os Públicos

SINOPSE:

Pérez, o ratiño dos teus soños (en castelán: Pérez, el ratoncito de tus sueños) é unha coprodución galega de animación dirixida por Juan Pablo Buscarini en 2006. Está producida por Castelao Productions, Filmax e Patagonik Film Group.

Lucía vive cos seus pais nun barrio tranquilo. A noite que perde o seu primeiro dente, o Ratiño Pérez non chega a deixarlle a moeda. Lucía preocúpase e sente que algo malo lle sucedeu a Pérez. Así pois, decide emprender a busca de Pérez, axudada polo seu primo Ramiro. Axiña descubrirán que o Ratiño Pérez vive nun barco onde ten unha factoría moi organizada, onde viven miles de ratos que fan perlas cos dentes que colleita dos nenos.

TRÁILER: