Catálogo filmes CNR

P3K: PINOCHO 3000

DIRECCIÓN:

Daniel Robichaud

IDIOMA:

Galego

DURACIÓN:

83′

PAÍS:

Canadá

ANO:

2004

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

Ano 3000. Gepetto é un xenial inventor da cidade de Scamboville que crea a Pinocho: un pequeno robot coa personalidade dun neno de carne e óso. Pinocho (alegre, imaxinativo, curioso, pero tamén testarudo e inocente) está disposto a calquera cousa para conseguir o seu soño: converterse nun neno de verdade. O pequeno robot é para o vello e entrañable Gepetto moito máis que unha criatura creada por el: é case o fillo que nunca tivo. Pinocho non deixa de sorprender polas súas incribles habilidades e pola súa incansable curiosidade ante todo o que o rodea.

Gepetto non comprende por que o malvado alcalde Scamboli está tan celoso del, cando ten unha filla marabillosa. Pero o nobre Gepetto non comparte ese sentimento de odio, máis ben se compadece do alcalde, o que, evidentemente, fai enfurecer máis aínda a Scamboli.

Spencer, un pingüín convertido en ciborg como resultado dun experimento errado de Scamboli, vive tranquilo como man dereita de Gepetto. Aínda que non comparta as inquietudes innatas de Pinocho, Spencer adoita acompañalo nas súas aventuras, ofrecéndolle a súa peculiar e divertida interpretación da vida.

Á súa vez, Cyberina é un ser máxico no medio dun mundo de fría tecnoloxía, unha fada boa chea de vida que sae da nada para sacar a Pinocho de apuros e guialo no seu intento de converterse en humano.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Mellor Película de Animación

Premios Barcelona de Cinema del Col-legi de Directors de Cinema de Catalunya: Premio a mellor Película de Animación

TRÁILER: