Catálogo filmes CNR

NOCTURNA

DIRECCIÓN:

Adrià García e Víctor Maldonado

IDIOMA:

Galego

DURACIÓN:

80′

PAÍS:

Galicia, España

ANO:

2007

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

Na escuridade da noite, cando as sombras se alongan e cobran vida propia, os ruídos percorren caprichosos as casas e todos os recunchos parecen agochar algo misterioso, a nosa imaxinación enche de temores. Só a luz das estrelas, dos farois e da lúa a través da xanela, consegue converter esas pantasmas en formas recoñecibles e escorrentar os nosos medos. Pero… vos imaxinades o que ocorrería se de súpeto toda luz se extinguise por completo?

O súbito apagamento dunha estrela ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade. Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato, encherase de valor para resolver este desastre enfrontándose á súa propia sombra que é froito dos seus medos. Para conseguilo mergullarase nunha emocionante aventura a través de Nocturna, un mundo paralelo que xorde cada noite cando quedamos durmidos. Alí descubrirá todos os seres e criaturas que fan que a noite sexa máis ou menos apacible, e cos que emprenderá unha fabulosa viaxe para tentar rescatar á súa estrela querida: Adhara.

Nocturna: unha aventura sorprendente para todos os que dormen e soñan.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Premio a mellor Película de Animación

Premios de Cine de Barcelona: Mellor Película de Animación

Festival de Cine Latino de San Diego: Premio a mellor Película de Animación

TRÁILER: