Catálogo filmes CNR

O CID, A LENDA

DIRECCIÓN:

Jose Pozo

IDIOMA:

Galego

DURACIÓN:

90′

PAÍS:

Galicia, España

ANO:

2003

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

Rodrigo é un perfecto candidato a heroe: fillo dun nobre castelán, combina a educación na corte, xunto ao seu mellor amigo Sancho e primoxénito do Rei, coas furtivas visitas á súa amada Gimena, a filla do Conde de Gormaz, quen con gran celo prohibe a súa relación. Aposto, novo, divertido e valente, un futuro brillante preséntase ante el.

Pero os tempos de felicidade non duran eternamente, e trala morte do Rei Fernando, Rodrigo vese envolto nun mundo de tramas e conspiracións que acabarán coa vida de Sancho e a consecuente coroación do infante Afonso. De súpeto, Rodrigo perde todo aquilo que adquirira sen esforzo, ó seu mellor amigo e ó amor da súa amada Gimena, sendo inxustamente desterrado de Castela e sen honra. Afastado do seu fogar e en territorio hostil, Rodrigo e uns poucos homes, coa especial axuda do principe Al-Mutamin, inician unha aventura chea de acción e paixón que xamais esquecerán, recuperando territorios e facendo fronte ao temible Ben Yussuff, acérrimo inimigo do flamante Rei Afonso, e empeñado en conquistar toda a península.

No seu esforzo por reclamar o perdón do seu Rei, e en busca de recuperar a súa posición e o amor de Gimena, Rodrigo descobre os profundos valores universais da amizade e a honra.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Mellor Película de Animación

Mostra de Cine de Guadalaxara (México): Premio do Xurado e Premio do Público

Premios Barcelona: Mellor Filme de Animación

TRÁILER: