Catálogo filmes CNR
DONKEY XOTE
DIRECCIÓN:
Jose Pozo
IDIOMA:
Galego
DURACIÓN:
90′
PAÍS:
Galicia, España
ANO:
2007
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
E se a aventura de Don Quixote non fose como nola contaron sempre? Chegou a hora de que Rucio, o asno máis aventureiro, vándalo e bravo de toda Castela nos conte a verdadeira historia.
Farto da vida contemplativa que todos levan na Mancha, Rucio non dubida nin un segundo cando se presenta a oportunidade de vivir unha aventura sen límites: o Cabaleiro da Media Lúa retou a Don Quixote a un duelo en Barcelona.
O máis difícil: convencer a Rocinante, un cabalo que non fai honra á súa estirpe e que prefire tombarse á paparrandona que trotar pola estepa castelá. O aínda máis difícil: esquivar a toda unha variada galería de perigos durante a súa viaxe a Barcelona (donicelas espías, falsas Dulcineas, duques histéricos… e o maior dos perigos: o misterioso Sinistro). E é que non é fácil ser un heroe nestes tempos… como non o é para un asno ser un cabalo, ou para un galo ser un gardacostas. Ou para un tolo, un cabaleiro. Menos aquí. Aquí si que todo isto é posible. Isto e moito máis.
Conseguirán Rucio e Rocinante chegar ao seu destino? E unha vez alí, vencerán ao misterioso Cabaleiro da Media Lúa? Nalgún lugar da Mancha… comeza a verdadeira aventura.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Goya: Nomeamento a mellor Película de Animación
Premios Gaudí: Nomeamento a mellor Película de Animación