LAS HEREDERAS
Ficha Técnico-artística
Xénero: Dramedia – Romance – Musical
Duración: 97’
País: Paraguay
Director: Marcelo Martinessi
Guión: Marcelo Martinessi
Productores: Coproducción Paraguay-Alemania-Brasil-Noruega-Uruguay; La Babosa Cine / Pandora Film / Mutante Cine / Norsk Filmproduksjon A/S / Esquina Filmes
Actores: Ana Brun, Margarita Irún, Ana Ivanova, Nilda González, María Martins, Alicia Guerra
SINOPSE
Desde hai máis de 30 anos, Chela (66) e Chiquita (67) viven xuntas. Como fillas de familias de boa posición social herdaran suficiente diñeiro como para vivir cómodamente sen necesidade de traballar. Pero agora, cando ambas teñen máis de 60 anos, ese diñeiro herdado acabouse. Cando Chiquita vai ao cárcere por non poder pagar as débedas que contraeu, Chela empeza a prover a mulleres maiores de familias acomodadas cun servizo de taxi que lle axuda a poder manterse. Así coñece a Angy, unha muller 20 anos máis nova que ela, con quen conecta de inmediato. Esa conexión vai transformando a relación de Chela consigo e coa súa contorna provocándolle unha revolución interna.
RECOÑECEMENTOS
- Festival de Berlín 2018: Oso de Plata Alfred Bauer, Oso de Plata á Mellor Actriz (Ana Brun), Premio da Crítica FIPRESCI, Premio Teddy concedido pola revista Mannschaft
- Festival de San Sebastián 2018: inauguración da sección Horizontes Latinos
- Candidata de Paraguay aos Oscar
- Premios Ariel 2018: Nomeada a Mellor Película Iberoamericana
- Premios Fénix 2018: Premio ao Mellor director e Ópera Prima. 7 nomeacións
- Premios Forqué 2018: Nomeada a Mellor Película Latinoamericana
- Premios Platino 2019: Mellor Ópera Prima e Mellor Actriz (Ana Brun). 5 nomeacións
- Premios Macondo 2019: Nomeada a Mellor Película Iberoamericana
TRAILER