Catálogo filmes CNR
DOBLES VIDAS
DIRECCIÓN:
Olivier Assayas
REPARTO:
Juliette Binoche, Guillaume Canet, Olivia Ross, Christa Theret, Antoine Reinartz, Pascal Greggory, Violaine Gillibert, Vincent Macaigne e Nora Hamzawi
DURACIÓN:
107′
ORIXE:
Francia
ANO:
2018
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Maiores de 7 anos
SINOPSE:
Alain é un exitoso editor parisiense con moitísimas contradicións: ama á súa muller, Selena, pero ten unha lea cunha compañeira de traballo; odia o último libro do seu amigo Léonard, pero publícao; sente paixón polas edicións antigas de libros, pero non se separa do seu lector de eBooks… E Selena, á súa vez, séntese estancada como actriz nunha famosa serie de televisión, pero é incapaz de deixar o traballo, do mesmo xeito que o seu “caso” con Léonard.
Unha comedia ao Woody Allen na que os personaxes conversan, comen, beben… e fan -sempre- o amor.
RECOÑECEMENTOS:
Festival de Cine de Venecia: Sección oficial
Festival de Cine de Toronto: Presentacións especiais
Festival de Cine de Sevilla: Sección oficial
Festival de Cine de Chicago