LA VIDA ERA ESO

DIRECCIÓN:

David Martín de los Santos

GUIÓN:

David Martín de los Santos

REPARTO:

Petra Martínez, Anna Castillo, Ramón Barea, Florin Piersic Jr., Daniel Morilla, Pilar Gómez e María Isabel Díaz

DURACIÓN:

109′

ORIXE:

España

ANO:

2020

XÉNERO:

Drama – Aventuras

IDADE:

7+

SINOPSE:

Dúas mulleres españolas de distintas xeracións coinciden na habitación dun hospital en Bélxica. María vive alí dende fai décadas tras emigrar na súa mocidade, e Verónica é unha moza recén chegada en busca das oportunidades que nunca atopou en España.

Entre elas fórxase unha peculiar amizade que levará a María a emprender unha viaxe de volta ao sur de España cunha insólita misión. A que comeza como unha viaxe en busca das raíces de Verónica, convertirase nunha oportunidade para abrirse ao mundo e para cuestionarse certos principios nos que baseou a súa vida.

RECOÑECEMENTOS:

Abycine-Festival Internacional de Cine de Albacete 2021, Abycine Indie: Premio do Xurado Novo.

Festival De Sevilla 2020, Sección oficial: Mellor Actriz (Petra Martínez).

Festival De Sevilla 2020, Sección oficial: Premio ASECAN á Mellor Película da Sección Oficial.

Festival Internacional de Cine de Transilvania 2021: Premio á Mellor Interpretación (Petra Martínez).

Fical – Festival Internacional de Cine De Almería 2020, Certamen Nacional Ópera Prima: Segundo premio á Mellor Longametraxe.

Premios Asecan 2022, Mellor Interpretación Feminina – Premio Aisge (Petra Martínez).

Premios Feroz 2022: Mellor Actriz Protagonista (Petra Martínez).

Premios Forqué 2022: Finalista Mellor Interpretación Feminina.

Premios Goya 2022: nomeamento á Mellor Actriz Protagonista e nomeamento á Mellor Dirección Novel.

TRÁILER: