No bosque conviven en paz animais e árbores, cando aparece un novo e estraño veciño: o poste. Cando a harmonía da contorna é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala.
Foi a primeira película de animación 3-D realizada en Europa e está baseada na novela do mesmo nome de Wenceslao Fernández Flórez.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Goya: Mellor Película de Animación e Mellor Canción Orixinal