Catálogo filmes CNR
MUJERES SIN CENSURA
DIRECCIÓN:
Eva Vizcarra
DURACIÓN:
79′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
España
ANO:
2022
XÉNERO:
Documental
IDADE:
Maiores de 16 anos
Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero
SINOPSE:
Mujeres sin censura é un retrato da vida dun grupo de actrices que decidiron saír espidas na gran pantalla como un acto de liberdade nun dos momentos mais tensos da historia de España, a Transición.
Estigmatizadas, en medio dun machismo dominante, marcado polos seus espidos e o cine de destape, convertíronse no espello no que se mirou unha sociedade absolutamente pechada. Coas nosas protagonistas como eixo, iniciamos un percorrido polas súas vidas e obras, así como polas vidas e traballos de outros profesionais e compañeiros da industria, un percorrido que flúe en paralelo aos cambios sociais que viviu o país.
RECOÑECEMENTOS:
Festival de Málaga: Premio do Xurado “Afirmando os dereitos das mulleres”
Premios Berlanga: Mellor Longametraxe Documental