MOMIAS

DIRECCIÓN:

J. J. García Galocha “Galo”

DURACIÓN:

88′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2023

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia

SINOPSE:

No Exipto, nas entrañas da Terra, existe unha cidade de momias con 3.000 anos de antigüidade, onde por mandato imperial, a princesa Nefer ten que casar con Thut, aínda que ningún quere contraer matrimonio. Pero os desexos dos deuses son ineludibles, polo que ambos terán que casar en 7 días e levar intacto á voda o anel que o Faraón outorgoulle a Thut.

Mentres, na superficie da Terra, Lord Carnaby leva a cabo unha expedición arqueolóxica na que, por primeira vez, atopa algo relevante: unha tumba exipcia que contén un anel de voda. É a súa oportunidade para pasar á historia, pero non conta con que ese anel xa ten dono…

Cando Thut descobre que o anel foi roubado, non ten máis opción que subir ao mundo dos humanos e infiltrase na actual Londres. Na viaxe acompañaralle o seu Sekhem, o seu irmán; Croc, a súa mascota crocodilo; e Nefer. Xuntas, as tres momias terán que desenvolverse en Londres para recuperar o anel que Lord Carnaby lles roubou. E algo que non entraba nos plans de Thut e Nefer: coñecerse.

“Momias” é unha comedia familiar de aventuras dirixida por Juan Jesús García Galocha, “Galo”; que debuta como director despois de traballar como director de arte en “Tadeo Jones 2: el secreto del rey Midas” e a aclamada curta de animación “Cuerdas”. O guión foi escrito por Jordi Gasull e Javier Barreira, gañadores dun Goya ao mellor guión por “Las aventuras de Tadeo Jones”.

TRÁILER: