Catálogo filmes CNR
EL SECRETO DEL LIBRO DE KELLS
DIRECCIÓN:
Tomm Moore e Nora Twomey
DURACIÓN:
75′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Irlanda
ANO:
2010
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
Brendan, un mozo monxe de 12 anos, vive nunha remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século IX. Cos outros irmáns axuda a construír unha muralla para protexer a abadía dos asaltos dos vikingos. Pero unha nova vida de aventuras preséntase ante el cando coñece a un famoso maestro estranxeiro encargado de custodiar un antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de rematalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no bosque que está habitado por todo tipo de criaturas…
Aventura máxica feita dende o amor pola artesanía e a animación tradicional. Prodixio de beleza impresionante, marabilla ética e estética dirixida polos responsables de “La canción del mar”.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Óscar: Nomeamento a mellor Película de Animación
Premios Annie: Nomeamento a mellor Película
Festival de Annecy: Premio do Público