Catálogo filmes CNR
IT. CAPÍTULO 2
DIRECCIÓN:
Andy Muschietti
REPARTO:
Jessica Chastain, James McAvoy, Isaiah Mustafa, James Ransone, Bill Skarsgård, Jay Ryan, Bill Hader, Andy Bean, Xavier Dolan e Will Beinbrink
DURACIÓN:
169′
PAÍS:
Estados Unidos
IDIOMA:
Castelán
ANO:
2019
XÉNERO:
Terror
IDADE:
Maiores de 18 anos
SINOPSE:
Pasaron case 30 anos dende que o “Club dos Perdedores”, formado por Bill, Berverly, Richie, Ben, Eddie, Mike e Stanley, se enfrontara ao macabro e desapiadado Pennywise. En canto tiveron oportunidade, abandonaron a vila de Derry, no estado de Maine, que tantos problemas lles ocasionara.
Con todo, agora, sendo adultos, parece que non poden escapar do seu pasado. Todos deberán enfrontarse de novo ao temible paiaso para descubrir se de verdade están preparados para superar os seus traumas da infancia.
RECOÑECEMENTOS:
Academia de Cine de Ciencia Ficción, Fantasía e Terror: Premio a Mellor Actor de Reparto (Bill Hader)
Premios Fright Meter: Premios a mellor Actor (James McAvoy), Actor de Reparto (Bill Hader), Maquillaxe e mellor Casting