FESTIVALIÑO ON THE ROAD

Selección de curtametraxes nacionais e internacionais de cinema infantil para idades comprendidas entre 0-12 anos.

Esta actividade ten dúas modalidades: a proxección de curtametraxes ou a proxección das curtas alternándose con actuacións musicais, de maxia ou ventriloquía en bloques de 20 minutos.

A proxección pódese realizar ao aire libre cunha pantalla de led.

Estes son algúns dos títulos incluídos no FESTIVALIÑO ON THE ROAD:

I WISH

Duración: 4’42’’

País: España

Dirección: Víctor L. Pinel

“Cando non persegues os teus soños, son eles os que che perseguen a ti”.

Nomeado aos Premios Goya 2019.

HISTORIA DE UN OSO

Duración: 10’ 18’’

País: Chile

Dirección: Gabriel Osorio Vargas

Un vello oso conta, a través dun teatro de monicreques que el mesmo fabricou, a historia da súa vida.

Premio Oscar 2016 a Mellor Curtametraxe de Animación.

PULPOS ENAMORADOS

Duración: 2’12’’

País: Francia

Dirección: Varios

Unha pequena historia de dous polbos namorados, realizada por estudantes como proxecto de graduación da escola francesa Gobelins. A curtametraxe ten un ritmo trepidante grazas a unha sucesión de gags intelixentes e divertidos.

Premios Oscar 2009, nomeada a Mellor Curtametraxe de Animación.
Premio Art Futura 2007.