EL PEQUEÑO NICOLÁS

DIRECCIÓN:

Amandine Fredon e Benjamin Massoubre

DURACIÓN:

85′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Francia

ANO:

2022

XÉNERO:

Animación – Comedia – Infantil

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

“El pequeño Nicolás” é un filme de animación que relata a historia detrás de “El pequeño Nicolás”, a célebre serie de libros infantís creados polo escritor René Goscinny (tamén creador dos personaxes de “Asterix”) e o dibuxante Jean-Jacques Sempé.

Inclinados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida a El pequeño Nicolás, un neno feliz e traste. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade, pelexas e castigos.

As aventuras de Nicolás lévano ao estudo dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden a preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.

RECOÑECEMENTOS:

Premios do Cine Europeo: nomeada a Mellor Película de Animación

Premios César: nomeada a Mellor Película de Animación

Premios Annie: nomeada a Mellor Película Independente

Festival de Annecy: Mellor Película

TRAILER: