Catálogo filmes CNR
EL PEQUEÑO NICOLÁS
DIRECCIÓN:
Amandine Fredon e Benjamin Massoubre
DURACIÓN:
85′
IDIOMA:
Castelán
PAÍS:
Francia
ANO:
2022
XÉNERO:
Animación
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
El pequeño Nicolás é un filme de animación que relata a historia detrás de “El pequeño Nicolás”, a célebre serie de libros infantís creados polo escritor René Goscinny (tamén creador dos personaxes de “Asterix”) e o dibuxante Jean-Jacques Sempé.
Inclinados sobre un gran folio en branco nalgún lugar entre Montmartre e Saint-Germain-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida a El pequeño Nicolás, un neno feliz e traste. A súa é unha infancia alegre, chea de xogos, diversión, bromas, aprendizaxe, complicidade, pelexas e castigos.
As aventuras de Nicolás lévano ao estudo dos seus creadores, onde fala con eles de forma distendida. Sempé e Goscinny cóntanlle como se coñeceron e se fixeron amigos, e tamén responden a preguntas sobre a súa carreira, a súa infancia e as súas ambicións.
RECOÑECEMENTOS:
Premios do Cine Europeo: Nomeamento a mellor Película de Animación
Premios César: Nomeamento a mellor Película de Animación
Premios Annie: Nomeamento a mellor Película Independente
Festival de Annecy: Premio a mellor Película