A ILLA DAS MENTIRAS
DIRECCIÓN:
Paula Cons
GUIÓN:
Paula Cons e Luis Marías
REPARTO:
Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Calso Bugallo, Machi Salgado e Mela Casal
DURACIÓN:
93′
ORIXE:
Galicia, Arxentina e Portugal
ANO:
2020
XÉNERO:
Thriller – Drama – Rural
IDADE:
12+
SINOPSE:
A noite do 2 de xaneiro de 1921, durante unha treboada, o barco de vapor Santa Isabel, cargado con 269 persoas e con destino Bos Aires, choca contra as rochas da Illa de Sálvora. Tomás, o novo fareiro da Illa, escoita os berros e acode correndo á aldea para pedir axuda. Na Illa esa noite non hai homes: están celebrando o aninovo en terra firme.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Mestre Mateo: 5 premios e 12 nomeamentos. Premios a Mellor Actor de Reparto (Milo Taboada), a Mellor Dirección, a Mellor Dirección de Arte, a Mellor Maquillaxe e Perruquería e a Mellor Deseño de Vestiario
Festival Internacional de Cine de Shanghai: nomeada a Mellor Película
Premios Golden Rooster: nomeada a Mellor Película Internacional
Festival Internacional de Cine de Almería: nomeada a Mellor Ópera Prima