ONS
DIRECCIÓN:
Alfonso Zarauza
GUIÓN:
Jaione Camborda e Alfonso Zarauza
REPARTO:
Melania Cruz, Antonio Durán “Morris”, Xulio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado
DURACIÓN:
87′
ORIXE:
Galicia
ANO:
2020
XÉNERO:
Thriller – Drama – Rural
IDADE:
12+
SINOPSE:
Despois dunha profunda depresión pola morte do seu amante nun accidente de tráfico, o doutor Vicente (Antonio Durán “Morris”) chega coa súa muller Mariña (Melania Cruz) a unha remota illa do Atlántico, co obxectivo de veranear, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na illa solitaria convénlle a Vicente, que lle pide á súa muller que amplíe a súa estadía e pase o outono. Cada día séntese mellor, ata que despois dun naufraxio no medio dunha tormenta, unha muller misteriosa e amnésica aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partires dese momento, nada será igual que antes.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Mestre Mateo: 9 premios e 13 nomeamentos. Premios a Mellor Actriz de Reparto (Marta Lado), a Mellor Actriz Protagonista (Melania Cruz), a Mellor Fotografía, a Mellor Guión, a Mellor Son…
Toulouse Cinespaña: nomeado o Director á Violeta de Ouro