LEJOS DEL MUNDANAL RUIDO
DIRECCIÓN:
Thomas Vinterberg
REPARTO:
Carey Mulligan, Matthias Schoenaerts, Michael Sheen, Tom Sturridge, Bradley Hall, Juno Temple, Sam Phillips, Tilly Vosburgh, Hilton McRae e Jody Halse
DURACIÓN:
119′
IDIOMA:
Castelán
ORIXE:
Reino Unido e Estados Unidos
ANO:
2015
XÉNERO:
Drama – Romance
IDADE:
7+
Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero
SINOPSE:
A independente, nova e intelixente Bathsheba Everdene (Carey Mulligan) gaña a vida coidando unha granxa máis ben modesta. O novo e próspero gandeiro Gabriel Oak (Matthias Schoenaerts) namora dela e proponlle matrimonio, pero Bathsheba quere ser libre e non acepta o seu ofrecemento. Con todo, o destino cambia a fortuna de ambos, pois ela herda do seu tío a maior granxa da localidade e el perde nun accidente os seus bens, tendo que gañarse a vida como xornaleiro, a quen ela contrata. A nova posición de Bathsheba déixaa en situación de elixir entre os tres pretendentes que a roldan: Gabriel Oack; Frank Troy (Tom Sturridge), un experimentado e temerario sarxento, e William Boldwood (Michael Sheen), un maduro e rico solteiro.
Baseada na clásica novela de Thomas Hardy.