Catálogo filmes CNR

LA MALETA DE MARTA

DIRECCIÓN:

Günter Schwaiger

DURACIÓN:

86′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España e Austria

ANO:

2013

XÉNERO:

Documental

IDADE:

Maiores de 7 anos

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

SINOPSE:

Documental que narra simultaneamente dúas historias reais: a do sufrimento e loita de Marta, unha muller andaluza maltratada, e a dalgúns homes que foron agresores e seguen un programa de rehabilitación en Salzburgo, cidade natal do director. Está rodada entre España e Austria, os dous países nos que vive o director, como exemplo claro e evidente da universalidade do problema. A brutal agresión que sofre Marta, atropelada polo seu ex-marido e apuñalada repetidamente, é o punto de partida do drama desta muller que, tras a posta en liberdade do seu ex-marido, vive en paradoiro descoñecido. Ao mesmo tempo, o testemuño dun maltratador permite penetrarse na mentalidade desta clase de homes.

TRÁILER: