A CAMBIO DE NADA

DIRECCIÓN:

Daniel Guzmán

REPARTO:

Miguel Hernán, Antonio Bachiller, Luis Tosar, Antonia Gutiérrez, Felipe García Vélez, María Miguel

DURACIÓN:

93′

IDIOMA:

Español

PAÍS:

España

ANO:

2015

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 12 anos

SINOPSE:

Darío, un mozo de dezaseis anos, goza da vida con Luismi, o seu veciño e amigo da alma. Manteñen unha amizade incondicional, coñécense desde nenos e xuntos descubriron todo o que saben da vida. Tras a separación dos seus pais, Darío foxe de casa e empeza a traballar no taller de Caralimpia, un vello delincuente con aires de triunfador, que lle ensina o oficio e os beneficios da vida. Darío coñece ademais a Antonia, unha anciá que recolle mobles abandonados co seu motocarrro. Ao seu lado descobre outra forma de ver a vida. Luismi, Caralimpia e Antonia convértense na súa nova familia durante un verán que lles cambiará a vida.

RECOÑECEMENTOS:

Premios Goya: Mellor Dirección Novel e Mellor Actor Revelación (Miguel Herrán)

Festival de Málaga: Premio á Mellor Película, Mellor Dirección, Actor de Reparto (Antonio Bachiller) e Premio da Crítica

TRÁILER: