Catálogo filmes CNR
O GRAN CAMIÑO
DIRECCIÓN:
Alba Prol Cid e Raúl García
DURACIÓN:
82′
IDIOMA:
Castelán, galego, inglés e xaponés
PAÍS:
Galicia, España
ANO:
2021
XÉNERO:
Documental – Aventuras
IDADE:
Maiores de 7 anos
SINOPSE:
Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de novos cineastas que decide cargar as súas cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de kilómetros polos grandes roteiros a pé do mundo. O Pacific Crest Trail, un dos carreiros máis extremos dos EEUU; o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu; o ancestral roteiro de Kumano Kodo, entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha escusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.
RECOÑECEMENTOS:
NYCA – New York Cinematograhy Awards (EE.UU.): Mellor Película de Viaxes
Istambul Film Awards (Turquía): Mellor Película de Viaxes
White Unicorn International Film Festival (India): Mellor Película de Viaxes
Mabig Film Festival (Alemaña): Mellor Película de Aventuras
Druk International Film Festival (Bhutan): Mellor Película de Viaxes
Silk Road Film Awards (Cannes, Francia): Mellor Película de Aventuras
Golden Sparrow International Film Festival (India): Mellor Película sobre Natureza/Medio Ambiente/Vida Salvaxe
Tagore International Film Festival (India ): Mellor Película de Viaxes
European Cinematography Awards (Paises Baixos): Finalista na Categoría de Mellor Película de Viaxes/Natureza
International Tourism Films Festival (Turquía): Mellor Película Turística