NOSOTROS
DIRECCIÓN:
Jordan Peele
GUIÓN:
Jordan Peele
REPARTO:
Lupita Nyong’o, Winston Duke, Elisabeth Moss, Tim Heidecker, Yahya Abdul-Mateen II, Anna Diop, Kara Hayward, Evan Alex Cole, Dustin Ybarra, Napiera Groves e Shahadi Wright Joseph
DURACIÓN:
120′
ORIXE:
Estados Unidos
ANO:
2019
XÉNERO:
Terror – Thriller
IDADE:
16+
SINOPSE:
Adelaide Wilson é unha muller que volve ao fogar da súa infancia na costa xunto ao seu marido, Gabe, e os seus dous fillos, para unha idílica escapada estival. Despois dun tenso día na praia cos seus amigos, Adelaide e a súa familia volven á casa onde están a pasar as vacacións. Cando cae a noite, os Wilson descobren a silueta de catro figuras collidas da man e en pé diante da vivenda. “Nosotros” enfronta a unha entrañable familia estadounidense a un inimigo tan insólito como aterrador.
RECOÑECEMENTOS:
Conta con 85 premios e 132 nomeamentos. Algúns dos premios son:
Academia de Cine de Ciencia Ficción, Fantasía e Terror (EE.UU.): premio a Mellor Dirección
Asociación de Críticos de Cine Afroamericano (AAFCA): premios a Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Actriz (Lupita Nyong’o)
Premios Bram Stoker: premio a Mellor Guión
Critics Choice Awards: premio a Mellor Película de Ciencia Ficción/Terror
Premios Jerry Goldsmith: premio a Mellor Música en Longametraxe
Premios Odyssey: premio a Mellor Actriz (Lupita Nyong’o)