Catálogo filmes CNR
Eroski Paraiso
DIRECCIÓN:
Jorge Coira, Xesús Ron
REPARTO:
Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez, Luis Martínez, Federico Pérez, Ana Santos
DURACIÓN:
75′
IDIOMA:
Galego
PAÍS:
Galicia, España
ANO:
2019
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Todos os públicos
SINOPSE:
Álex, unha moza cineasta, quere filmar un documental sobre os seus pais, que se coñeceron en Muros na discoteca Paraíso, en 1989. Ela tiña 19 anos, el 25. Como tantas outras familias, emigraron e andiveron de un lado a outro, deixando que a vida decidise por eles. Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de novo en Muros coidando do seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo lugar que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster en cine en Barcelona e viaxa á súa cidade natal para facer o seu primeiro documental.
Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que abriron as súas vidas entre ese paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigamento vital de toda unha xeración.