Crebinsky
XÉNERO:
Comedia
IDADE:
Todos os públicos
SINOPSE:
As chuvias torrenciais provocan a subida dun río cuxas augas inundan unha cidade. A corrente arrastra aos irmáns Crebinsky e á súa vaca, que milagrosamente reaparecen vivos nun lugar da costa. Instalados alí, ao pé dun faro, sobreviven recollendo o que trae o mar. Illados dos conflitos bélicos, os irmáns crean o seu propio mundo: un universo particular feito de realismo e fantasía.