Catálogo filmes CNR
EL BUZO
DIRECCIÓN:
Günter Schwaiger
REPARTO:
Àlex Brendemühl, Franziska Weisz, Julia Franz Richter e Dominic Marcus Singer
DURACIÓN:
94′
PAÍS:
España, Austria e Alemaña
ANO:
2020
XÉNERO:
Drama – Violencia de Xénero
IDADE:
Maiores de 12 anos
SINOPSE:
A vienesa Irene é unha muller forte e segura de si mesma que vive en Ibiza coa súa filla Lena, de 18 anos. A estreita relación entre nai e filla vese sacudida cando o ex-compañeiro de Irene, Paul, regresa a Ibiza xunto co seu fillo Robert. A súa carreira como compositor e músico de éxito está en perigo. Pronto será xulgado por maltratar gravemente a Irene. Tenta manipular a esta con todos os medios ao seu alcance para que retire os cargos. Cando case logra o seu propósito, Lena e Robert enfróntanse a Paul. O conflito é inevitable.
No medio do aparente idilio dunha illa mediterránea, esta película conta a historia dun trauma dende as diferentes perspectivas dos implicados. Un psico-thriller sobre os efectos, a represión e a superación da violencia de xénero, pero tamén sobre o anhelo de amor e o poder indomable da rebelión.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Diagonale (Austria): Premio a Mellor Actriz (Julia Franz Richter)