Catálogo filmes CNR
ADIÓS
DIRECCIÓN:
Paco Cabezas
REPARTO:
Mario Casas, Natalia de Molina, Ruth Díaz, Carlos Bardem, Pilar Gómez, Vicente Romero, Mona Martínez, Pepa Aniorte, Paulina Fenoy, Mauricio Morales
DURACIÓN:
114′
IDIOMA:
Español
PAÍS:
España
ANO:
2019
XÉNERO:
Misterio – Acción
IDADE:
Maiores de 16 anos
SINOPSE:
Sevilla. Juan é un convicto que comeza a gozar da súa liberdade durante as fins de semana, despois de pasar anos no cárcere. Trala morte accidental da súa filla pequena, Juan acudirá á súa brutal familia, alcumados “Los Santos”, para esclarecer o ocorrido e exercer a súa propia xustiza. Mentres, Eli, a axente de policía a cargo da investigación, tratará de evitar que o doído pai se tome a xustiza pola súa man. O choque entre Eli e Juan por esclarecer a morte da pequena, destapará toda unha rede de segredos e mentiras que transitan ao longo da delgada e difusa liña que é a xustiza.
RECOÑECEMENTOS:
Premios Goya: Nomeamento a mellor Actriz Revelación (Pilar Gómez) e a mellores Actrices de Reparto (Mona Martínez e Natalia de Molina)
Premios ASECAN do Cine Andaluz: Mellor Actriz de Reparto (Mona Martínez) e Dirección de Produción
Medallas CEC (Círculo de Escritores Cinematográficos): Premios á mellor Actriz de Reparto (Natalia de Molina) e Montaxe
Premios Días de Cine: Premio El Resplandor para Mona Martínez
Premios Feroz: Mellor Tráiler