VIOLETA, EL HADA TRAVIESA

DIRECCIÓN:

Caroline Origier

DURACIÓN:

79′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Alemaña

ANO:

2022

XÉNERO:

Animación – Aventuras – Infantil

IDADE:

Para todos os públicos

SINOPSE:

Violeta está a se preparar para dedicarse ao seu soño: repartir agasallos entre os nenos aos que se lles caen os dentes. Pero coa súa maxia, en lugar de xoguetes fabulosos coma o Ratiño Pérez, o único que consegue facer son… violetas. E o exame anual de especialista en agasallos para nenos aos que se lles caeron os dentes está cada día máis próximo. Unicamente as fadas que aproban o exame reciben a pedra que lles permite entrar e saír do mundo humano para recoller os dentes de leite e facer maxia para deixar un agasallo.

Por suposto, Violeta suspende o exame con estrépito. Pero Violeta non sería Violeta se suspender un exame fose impedir que fixera o que ten que facer. Sen titubear un segundo, apodérase da misión e a pedra doutra fada e cólase no mundo dos humanos. E así remata na nova habitación de Maxie, que se acaba de mudar á cidade coa súa nova familia.

TRÁILER: