TOM Y JERRY

DIRECCIÓN:

Tim Story

REPARTO:

Chloë Grace Moretz, Michael Peña, Rob Delaney, Colin Jost e Ken Jeong.

DURACIÓN:

101′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

Reino Unido

ANO:

2021

XÉNERO:

Animación – Infantil – Comedia – Aventuras

IDADE:

7+

Especialmente recomendada para a infancia

SINOPSE:

Unha das rivalidades máis populares da historia dispárase cando Jerry se muda ao mellor hotel de Nova York en vésperas da voda do século. En “Tom e Jerry”, a película de Tim Story, a chegada do rato obriga á desesperada organizadora do evento a contratar a Tom para desfacerse del. A batalla entre o gato e o rato ameaza con destruír a súa carreira, a voda e poida que todo o hotel. Pero pouco despois xorde un problema aínda maior. Trátase dun membro do persoal diabólicamente ambicioso que conspira contra os tres.

A nova aventura de Tom e Jerry para a gran pantalla é unha asombrosa combinación de animación clásica e acción real e abre unha nova senda para estes emblemáticos personaxes que se ven forzados a facer o impensable: traballar xuntos para salvar os mobles.

TRÁILER: