Superagente Makey

XÉNERO:

Comedia

IDADE:

Maiores de 7 anos

SINOPSE:

José Miguel ” Makey” é un policía campechano que adora o seu traballo no barrio de Carabanchel e cun sentido da responsabilidade e a honra desmesurada. A súa vida dá un envorco cando, tras provocar un pequeno gran desastre, é destinado á Costa do Sol como axente de mobilidade (vaia, dos que poñen multas). Alí Makey reencontrarase coa súa filla, coa que hai anos que non se fala, e verase, sen o cheirar, envolvido nunha perigosa trama de narcotráfico internacional. Makey está a piques de converterse no protagonista das películas de acción coas que sempre soñou.

TRÁILER: