Catálogo filmes CNR

RAQA

DIRECCIÓN:

Gerardo Herrero

REPARTO:

Álvaro Morte, Mina El Hammani, Abdelatif Hwidar, Cristina Kovani, Fariba Sheikhan, Jalila Talemsi, Majdouline Idrissi, Ben Temple

DURACIÓN:

107′

IDIOMA:

Castelán

PAÍS:

España

ANO:

2024

XÉNERO:

Suspense. Acción

IDADE:

Maiores de 16 anos

SINOPSE:

2014. Nas perigosas rúas de Raqa, o espía internacional, Haibala (alias O Saharauí), tenta dar caza ao Xordano, un dos xefes do ISIS máis buscados do momento. Non é o único infiltrado en Siria. Malika, unha enfermeira de Ceuta ao servizo da Europol, chegou a Raqa co mesmo propósito. Nun escenario marcado polas execucións sumarias, a escravitude das mulleres e os bombardeos, Haibala e Malika tentarán cada un polo seu lado cumprir coa súa misión: localizar e entregar ao xefe da organización fundamentalista e precipitar a caída do ISIS.

TRAILER: