Catálogo filmes CNR

PREFIRO CONDENARME

DIRECCIÓN:

Margarita Ledo Andión

REPARTO:

Sagrario Ribela, Nardo Beceiro Ribela, Melania Cruz, Mónica Camaño, Iria Pinheiro, Antón Lopo

DURACIÓN:

88′

IDIOMA:

Galego, francés

PAÍS:

Galicia, España

ANO:

2024

XÉNERO:

Experimental

IDADE:

Maiores de 12 anos

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

SINOPSE:

A historia das mil facianas de Sagrario, mariscadora da ría de Ferrol, enfróntanos a unha nai díscola, unha órbita familiar nun perpetuo desacougo e un xuizo por adulterio aos 33 anos, no 1972, a causa da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a Lei, aínda non escrita, á vez que o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Cine de Sevilla: Mención Especial do Xurado

TRAILER: