Contan as lendas que, un día ao ano, durante a noite de San Xoán, os humanos poden acceder ao mundo máxico dos trasgos e as fadas, un lugar onde reina a harmonía e no que os soños fanse realidade. Elena, unha moza intelixente e pouco soñadora, non cre nas lendas. Con todo, o seu pai, o duque Teseo, está moi enfermo e ela faría calquera cousa por devolverlle a ilusión, mesmo iniciar unha viaxe en busca de Titania.