O GRAN CAMIÑO

Ficha técnico-artística

Xénero: Documental

Duración: 80’

Idiomas: Español, galego, inglés, xaponés

Produtora: Meteórica Cine

Escrito e dirixido: Alba Prol & Raúl García

SINOPSE

Documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, unha parella de novos cineastas
que decide cargar os seus cámaras nas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polos grandes roteiros a pé do mundo.
O Pacific Crest Trail, un dos carreiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, o ancestral roteiro de Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha escusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflitos sociais, a espiritualidade, o coidado do noso planeta e a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

RECOÑECEMENTOS

  • NYCA – New York Cinematograhy Awards (Nova York, EEUU ) – Gañador na categoría de Mellor Película de Viaxes
  • Istambul Film Awards (Estambul, Turquía ) – Gañador na categoría de Mellor Película de Viaxes
  • White Unicorn International Film Festival (Calcuta, India) – Mellor Película de Viaxes
  • Mabig Film Festival (Augsburgo, Alemaña) – Mellor Película de Aventuras
  • Druk International Film Festival (Paro, Bhutan) – Mellos película de Viaxes
  • Silk Road Film Awards (Cannes, Francia) C a n n e s , F r a n c e ) – Mellor Película de Aventuras
  • Golden Sparrow International Film Festival (Tamil Nadu, India) – Mellor película sobre natureza/medio ambiente/ vida salvaxe
  • Tagore International Film Festival (Bolpur, India ) – Mellor Película de Viaxes
  • European Cinematography Awards (Amsterdam, Paises Baixos) – Finalista na categoría de Mellor Película de Viaxes/Natureza
  • International Tourism Films Festival, Cappadocia (Turquía) – Mellor película turística

TRAILER

Categoría: