Catálogo filmes CNR

NIMONA

DIRECCIÓN:

Nick Bruno, Troy Quane

DURACIÓN:

102′

IDIOMA:

Dobrado en galego

PAÍS:

Estados Unidos

ANO:

2023

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Maiores de 7 anos

SINOPSE:

Nun mundo medieval futurista, o cabaleiro Ballister Bravocorazón é acusado dun crime que non cometeu, e a única persoa que pode axudalo a demostrar a súa inocencia é Nimona, unha travesa adolescente con inclinación polo caos… que ademais resulta ser o ser metamorfo ao que debe destruír. Pero, dado que o persegue todo o reino, Nimona é o mellor aliado (ou máis ben o único) ao que Ballister pode aspirar. De modo que, mentres se difumina a liña entre heroes, viláns e monstros, a parella causa estragos a torto e a dereito para que Ballister poida lavar o seu nome.

TRAILER: