NIEVA EN BENIDORM

DIRECCIÓN:

Isabel Coixet

GUIÓN:

Isabel Coixet

REPARTO:

Timothy Spall, Sarita Choudhury, Pedro Casablanc, Ana Torrent, Carmen Machi, Édgar Vittorino, Leonardo Ortizgris, Marc Almodovar e Kiva Murphy

DURACIÓN:

117′

ORIXE:

España

ANO:

2020

XÉNERO:

Drama – Thriller

IDADE:

12+

SINOPSE:

Peter Riordan é un home solitario, maniático e metódico, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida, decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Á súa chegada á cidade descobre que o seu irmán desapareceu e que este era propietario dun club de burlesque onde traballa Alex, unha misteriosa muller que exerce unha poderosa fascinación sobre el. Peter e Alex tentan pescudar que foi de Daniel, axudados por unha policía obsesionada pola presenza de Sylvia Plath nos anos cincuenta en Benidorm.

RECOÑECEMENTOS:

Premios GOYA: nomeada a Mellor Dirección e Mellor Dirección de Produción

Premios do Círculo de Guionistas (España): premio CEC a Mellor Fotografía

TRÁILER: