Catálogo filmes CNR
NEGRO PÚRPURA
DIRECCIÓN:
Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva
DURACIÓN:
81′
IDIOMA:
Galego, castelán, alemán e inglés
PAÍS:
Galicia, España
ANO:
2021
XÉNERO:
Documental
IDADE:
Maiores de 12 anos
SINOPSE:
Negro Púrpura retrata un dos lugares de maior produción a nivel mundial de claviceps purpùrea: Galicia. Este fungo alucinóxeno, que brota nos cereais, abrénos as portas dunha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da cultura e a economía de Galicia ao longo do século XX. Dende os campos de centeo ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola mediciña popular, ata o LSD.
Historias desperdigadas que nos deixan un regusto amargo a pan de centeo, historias que repercuten máis aló dos océanos. Unha corteza que garda unha miga delirante.