Para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia
SINOPSE:
Rafiki, Temón e Pataplún cóntanlle a lenda de Mufasa á moza cachorra de león Kiara, filla de Simba e Nala. A historia cóntase en flashbacks e presenta a Mufasa como un cachorro orfo, perdido e só ata que coñece a un simpático león chamado Taka, herdeiro dunha liñaxe real. Este encontro casual pon en marcha unha viaxe dun extraordinario grupo de inadaptados que buscan o seu destino. E os seus vínculos poñeranse a proba mentres traballan xuntos para escapar dun inimigo ameazador e letal.