MORTAL KOMBAT
DIRECCIÓN:
Simon McQuoid
REPARTO:
Lewis Tann, Joe Taslim, Jessica McNamee, Josh Lawson, Mehcad Brooks, Tadanobu Asano, Hiroyuki Sanada, Chin Han, Ludi Lin, Max Huang
DURACIÓN:
110′
PAÍS:
Estados Unidos
ANO:
2021
XÉNERO:
Aventuras
IDADE:
Maiores de 18 anos
SINOPSE:
En “Mortal Kombat”, Cole Young, loitador de MMA (Artes Marciais Mixtas), afeito a recibir malleiras por diñeiro, descoñece a súa ascendencia e tampouco sabe por que o emperador Shang Tsung de Outworld enviou ao seu mellor guerreiro, Sub-Zero, un Cryomancer sobrenatural, para dar caza a Cole. Cole teme pola seguridade da súa familia e busca a Sonya Blade seguindo as indicacións de Jax, un comandante das Forzas Especiais que ten a mesma estraña marca de dragón coa que naceu Cole. Non tarda en chegar ao templo de Lord Raiden, un Deus Ancián e o protector de Earthrealm, que ofrece refuxio aos que levan a marca. Aquí, Cole adestra cos experimentados guerreiros Liu Kang, Kung Lao e o mercenario rebelde Kano, mentres se prepara para enfrontarse aos maiores campións da Terra, contra os inimigos de Outworld (O Mundo Exterior), nunha batalla de enorme envergadura polo universo.
Adaptación dun videoxogo
RECOÑECEMENTOS:
Premios da Academia Australiana de Cine e Artes Televisivas (AACTA): Mellor Deseño de Produción e Son
Australian Screen Soung Guild: Premios a mellor Mestura de Son e Edición de Son