Chantal e Christian viven unha xubilación tranquila. Pero dende que os seus fillos deixaron o niño, comezaron a espaciar as súas visitas e a esquecerse deles. Cando anuncian que non irán a casa por Nadal, os pais idean un alocado plan para recuperalos: finxirán que gañaron a lotería e que son multimillonarios.