Maimiño

XÉNERO:

Animación

IDADE:

Todos os Públicos

SINOPSE:

A pelicula en 3D “Maimiño” (Meñique en español) dirixida polo cubano Ernesto Padrón, que no 2014 pasou pola carteleira de Cuba e se converteu na máis vendedora de billetes da historia da Illa caribeña, foi proxectada en máis de 60 salas comerciais de España en 2015. Maimiño foi o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da Arte e Industria Cinematográficos). A fita fai unha versión libre do conto infantil do francés Édouard de Labouyale de ‘Polgariño’ adaptado por José Martí.

Conta a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha praga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir á cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.

TRÁILER: