Catálogo filmes CNR

LAS HEREDERAS

DIRECCIÓN:

Marcelo Martinessi

REPARTO:

Ana Brun, Margarita Irún, Ana Ivanova, Nilda González, María Martins, Alicia Guerra

DURACIÓN:

97′

PAÍS:

Paraguai

ANO:

2019

XÉNERO:

Drama

IDADE:

Maiores de 7 anos

SINOPSE:

Dende fai máis de 30 anos, Chela (66) e Chiquita (67) viven xuntas. Como fillas de familias de boa posición social herdaron suficientes cartos como para vivir comodamente sen necesidade de traballar. Pero agora, cando ambas teñen máis de 60 anos, eses cartos herdados rematáronse. Cando Chiquita vai ao cárcere por non poder pagar as débedas que contraeu, Chela comeza a prover a mulleres maiores de familias acomodadas cun servizo de taxi que a axuda a poder manterse. Así coñece a Angy, unha muller 20 anos máis nova que ela, con quen conecta de inmediato. Esa conexión vai transformando a relación de Chela consigo e coa súa contorna provocándolle unha revolución interna.

RECOÑECEMENTOS:

Festival de Berlín: Oso de Prata Alfred Bauer, Oso de Prata a mellor Actriz (Ana Brun), Premio da Crítica FIPRESCI e Premio Teddy

Festival de Cine de San Sebastián: Película de inauguración da sección Horizontes Latinos

Premios Oscar: Candidata de Paraguai

Premios Ariel: Nomeamento a mellor Película Iberoamericana

Premios Fénix: Mellor Dirección e Ópera Prima

Premios Forqué: Nomeamento a mellor Película Latinoamericana

Premios Platino: Mellor Ópera Prima e Actriz (Ana Brun)

Premios Macondo: Nomeamento a mellor Película Iberoamericana

TRÁILER: