La vida era eso

XÉNERO:

Ficción/Drama

IDADE:

Todos os Públicos

SINOPSE:

Dúas mulleres españolas de distintas xeracións coinciden na habitación dun hospital en Bélxica. María (Petra Martínez) vive alí desde hai décadas tras emigrar na súa mocidade, e Verónica (Anna Castelo) é unha moza recentemente chegada en busca das oportunidades que nunca atopou en España. Entre elas fórxase unha peculiar amizade que levará a María a emprender unha viaxe de volta ao sur de España cunha insólita misión. O que comeza como unha viaxe en busca das raíces de Verónica, converterase nunha oportunidade para abrirse ao mundo e para cuestionarse certos principios nos que baseou a súa vida.

TRÁILER: