LA VIDA DE CALABACÍN
DIRECCIÓN:
Claude Barras
GUIÓN:
Céline Sciamma
VOCES V.O.:
Gaspard Schlatter, Adrien Barazzone, Lou Wick, Sixtine Murat, Jean-Claude Issenmann e Pauline Jaccoud
DURACIÓN:
64′
ORIXE:
Suiza e Francia
ANO:
2016
XÉNERO:
Animación – Dramedia – Infantil
IDADE:
Para todos os públicos
SINOPSE:
Calabacín é un nome raro para un neno de 9 anos, aínda que a súa historia é sorprendentemente universal. Trala repentina morte de súa nai, Calabacín faise amigo dun simpático policía, Raymond, que o acompaña ao seu novo fogar de acollida con outros orfos da súa idade. Calabacín loita ao comezo por adaptarse a este ambiente estraño e hostil. Coa axuda de Raymond e dos seus novos amigos, Calabacín aprenderá a amar e a confiar nos outros.
Unha aposta diferente, valente e pedagóxica de cine para nenos e nenas.
RECOÑECEMENTOS:
Festival de Annecy, 2016: gañadora do premio a Mellor Película e do Premio do Público.
Oscar, 2017: nomeada a Mellor Película de Animación e candidata de Suiza como película de fala non inglesa.
European Film Awards, 2016: premio a Mellor Película de Animación.
Festival de Cine de Zúrich, 2016: premio a Mellor Película Infantil.
Angulema: gañadora do premio a Mellor Película.
Festival Internacional de Cine de San Sebastián, 2016: Premio do Público e Mellor Film Europeo.
Premios LUX: finalista a Mellor Película Europea do Ano.
Golden Globes: nomeada a Mellor Película de Animación.
Feira do Libro de Frankfurt: premio a Mellor Adaptación Cinematográfica Infantil-Xuvenil do Ano.