A vida no Ártico xa é un reto pero volverase aínda mais difícil para Kina e Yuk. Estes raposos árticos están a punto de experimentar a paternidade por primeira vez. Con todo, os invernos árticos xan non son o que eran e o calentamento global, está a cambiar as regras para todos.
Durante unha expedición de caza na costa, Yuk quédase atrapado nun bloque de xeo à deriva. Kina queda entón soa e deberá aventurarse en territorios descoñecidos. A so uns días de dar a luz, Kina e Yuk buscaránse a contrarreloxo para reunirse a tempo para o nacemento dos seus cachorros.