JUNO
DIRECCIÓN:
Jason Reitman
GUIÓN:
Diablo Cody
REPARTO:
Elliot Page, Michael Cera, Jennifer Garner, Jason Bateman, Allison Janney, J.K. Simmons, Olivia Thirlby, Eileen Pedde, Rainn Wilson e Daniel Clark
DURACIÓN:
92′
ORIXE:
Estados Unidos
ANO:
2007
XÉNERO:
Dramedia
IDADE:
13+
SINOPSE:
Juno Macguff ten 16 anos e é, segundo os adultos, máis intelixente do que lle convén. É enxeñosa, culta, observadora e, sobre todo, sarcástica. Ese sarcasmo non é máis que unha coraza para ocultar os seus medos e dúbidas. Por mor da relación cun compañeiro de clase (Michael Cera) queda embarazada. E, como el se desentende do problema, Juno toma unha decisión que conta coa aprobación da súa familia: terá o neno e darao en adopción. Despois haberá que atopar uns pais adoptivos adecuados. Mark e Vanessa parecen os pais ideais. Pero resulta que Mark e Juno comparten demasiadas afecións e parecen entenderse moi ben dende o principio.
RECOÑECEMENTOS:
Gañou 89 premios e ten 100 nomeamentos. Algúns destes son:
Premios OSCAR: premio a Mellor Guión Orixinal. 3 nomeamentos máis
Premios BAFTA: premio a Mellor Guión Orixinal e nomeamento a Mellor Actuación Protagonista (Elliot Page)
Premios de Comedia de Canadá: premios a Mellor Dirección e Mellor Actuación Protagonista (Elliot Page)
Critics Choice Awards: premios a Mellor Guionista e Mellor Película de Comedia. 4 nomeamentos máis
Premios GRAMMY: premio a Mellor Compilación de Banda Sonora para unha Película
MTV Movie & TV Awards: premio a Mellor Actuación (Elliot Page)
Premios Satellite: premios a Mellor Actuación – Comedia ou Musical (Elliot Page), Mellor Película – Comedia ou Musical e Mellor Guión Orixinal